Alguén dixo unha vez que a lenda comeza onde a Historia non era quen de continuar, polo que non debería estrañarnos atopar cabras endemoñadas, xitanas adiviñas, bandeirantes sedutores ou santos exiliados a falar de como a mellor bebida creada polo ser humano acabou por conquistar as nosas vidas. Así que, prepare unha deliciosa cunca de café, acomódese preto do fogar e goce das incribles viaxes que lle ofrecerá esta pequena obra. Saúde!