DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA - AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAN AOS CATIVOS
ebook

DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA - AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAN AOS CATIVOS

Código de artículo:
E1000825568
Editorial:
LAIOVENTO
Fecha edición:
Materia
Libros para Todos
ISBN:
9788484875314
Formato:
EPUB
Idioma:
Galicia
Tipo de libro:
Ebook
DRM
Si

En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de ?non ficción?. Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen. A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha. Sobre As cancións? a crítica escribiu: ?Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario? (Xesús González Gómez). ?Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal? (Manuel F.Vieites). ?É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor? (Xerardo Couto). ?As cancións? resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura.? (Armando Requeixo). ?Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar? (Miguel Sande).

Artículos relacionados

Otros libros del autor