Tiempo de despacho de pedidos es de 10 a 15 días hábiles, una vez confirmado el pago del pedido.
Ovo de Paspallás narra a vida dunha rapaza procedente dun ambiente marxinal, a cal, adoptada por un médico, foi criada nunha familia acomodada, onde adquiriu bos modais e unha esmerada educación.Estruturada en tres partes (infancia e vida estudantil da protagonista; a morte do pai, a súa vida bohemia en París), dános unha visión real da maneira de vivir, dos costumes e das tradicións da Galicia da posguerra, e da revolta estudantil de Maio do 68 en París. Idealismo e realismo son as notas dominantes nesta novela chea de contrastes, narrada cun estilo coidado, na que abundan minuciosas descricións da realidade cotiá, que, ao mesmo tempo, nos transportan a unha máxica paisaxe ideal, chea de colorido e de fantasía.