Tiempo de despacho de pedidos es de 15 a 20 días hábiles, una vez confirmado el pago del pedido.
Francisco Miguel (A Coruña, 1897- Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figuracentral na arte galega das primeiras décadas do século XX. Detido tras o golpede xullo de 1936, foi asasinado polos sublevados fascistas, aparecendo o seucorpo o 28 de setembro de 1936 en Bértoa (Carballo).O seu traballo artístico foi realizado entre os anos finais da década dos 10 e oano do seu asasinato. Nos primeiros anos vinte, ligado ao núcleo coruñés quedará orixe á revista Alfar, desenvolve unha linguaxe afín á modernidade que seespalla polas revistas ultraístas, interesado por captar o ritmo e o dinamismo, deinfluxo futurista, e polas tendencias formais planimétricas.A partir da 1923, e da súa estadía en París, acentúanse os aspectos decorativosna súa obra e cunha tendencia cara a unha arte ligada á volta á orde, condebuxos de corte clasicista, frecuentemente coa súa esposa, a escritora SyraAlonso, como modelo.Syra e Francisco Miguel vivirán en México entre 1926 e 1933, moi achegadosaos intelectuais mexicanos que realizan a revista Contemporáneos. Na obradestes anos vai situarse nos presupostos dunha figuración cun ar maxicista, deempregramos a terminoloxía do famoso libro de Franz Roh Realismo mágico,post expresionismo (1925), elaborando unha pintura limpa, clara e rigorosa -enpalabras de Luís Seoane-, con vontade de reter e fixar o expresivo.Esta publicación quere ser unha contribución á recuperación dun pintordemasiado brillante e intelixente -como dixera o seu amigo, o escritor mexicanoRodolfo Usigli- para sobrevivir aos escuros tempos que impuxeron en Galiza ashordas de Atila.? Capa